22 concellos xa contan con ENERGAL para a elaboración do seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).

Jueves, 04 Junio 2020 08:01

large pacto alcaldes 1 1

 

Esta iniciativa da Comunidade Europea crea unha rede permanente de intercambio de información para mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.

Dende que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lanzou o paquete de axudas destinadas á elaboración do Plan de Acción, 200 Concellos xa están adheridos á iniciativa en Galicia.

22 concellos galegos xa se puxeron en contacto con nós para a elaboración do seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).

Energal conta cun equipo liderado por enxeñeiras ambientais con experiencia na realización de inventarios de referencia de emisións de gases de efecto invernadoiro (IRE), proxectos de avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas e, na análise de medidas de mitigación para reducir e limitar as emisións de gases de efecto invernadoiro.