ENERGAL redacta 25 PACES en Galicia.

Miércoles, 16 Diciembre 2020 08:42

Os documentos xa foron entregados aos Concellos que, á súa vez, xa solicitaran unha axuda da Xunta de Galicia

 

25 Concellos de Galicia confiaron en ENERGAL (Eficiencia Energética y Ambiental de Galicia) para a redacción do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Nunha laboriosa tarefa conxunta entre Concello-Energal de recollida de información, tratamento de datos e redacción do informe, os PACES foron presentados satisfactoriamente ante a Consellería de medio Ambiente da Xunta de Galicia para a consecución dunha axuda para financiar ditos traballos. O traballo de ENERGAL representa un 13% dos PACES redactados en Galicia para estas axudas e un 11% dos Concellos Adheridos ao Pacto das Alcaldías.

WhatsApp Image 2020 12 16 at 09.33.48

 

O PACES é un instrumento de administración local encamiñado, aos seguintes obxectivos:

-          Elaborar un inventario de emisións do concello de, para os efectos de obter un diagnóstico de referencia das emisións de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro) resultantes do consumo de enerxía.

-          Definir accións de minimización con fin de aumentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxía no concello, e, por conseguinte, que procuren diminuír as emisións de GEI e melloren a calidade do aire do territorio.

A visión a longo prazo de é facer de cada concello, un lugar enerxéticamente sostible, e resiliente aos efectos do cambio climático co fin de proporcionarlle aos seus habitantes unha mellor calidade de vida.

Nos vindeiros días, ENERGAL agasallará aos concellos cunha varias copias impresas e encadernadas dos PACES.