La Empresa

Eficiencia Energética de Galicia SL, coa súa marca comercial ENERGAL, é unha Consultora de Servizos Enerxéticos nacida en 2010 como resultado da experiencia e coñecementos adquiridos noutros ámbitos da enxeñería industrial e enerxética polos membros que a integran. Composta por un equipo de enxeñeiros e técnicos cualificados, sustenta o seu éxito en catro piares fundamentais: formación, experiencia, coñecementos e unhas grandes habilidades para a busca e implantación de solucións enerxéticas ante calquera reto que se presente. Esta circunstancia permitenos gozar dun alto grado de satisfacción entre os nosos clientes.

Miembro de A3e

ENERGAL é socia da Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3e), asociación privada, sen ánimo de lucro que representa os intereses das empresas que traballan axudando aos seus clientes para reducir os seus consumos enerxéticos.

Consituída en 2009, actualmente A3e conta con máis de 100 empresas asociadas, entre elas:

  • Consultoras / Auditoras enerxéticas / Enxeñerías
  • Empresas de Servizos Enerxéticos
  • Fabricantes de equipos e compoñentes
  • Mantenedoras e Instaladoras
  • Distribuidoras e comercializadoras de enerxía

A3e ten como obxectivo fundamental promover a implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética no tecido empresarial, nas institucións e na sociedade en xeral.